Actualidade

Os Reis visitan O Pereiro antes da entrada de Urdangarín


Os reis de España, Don Felipe e Dona Letizia, visitan este martes o concello ourensán de Pereiro de Aguiar

A raíña, con mirada aviesa, esconde a súa trama real

A raíña, con mirada aviesa, esconde a súa trama real

Na súa estancia na colonia galega teñen planificado un saúdo real a una escola infantil do rural galego e un saúdo ficticio á cárcere ourensá de Pereiro de Aguiar, un dos lugares onde poderían recalar tanto Iñaki Urdangarín como a exInfanta Cristina en caso de confirmárense as penas por malversación, fraude, prevaricación, falsidade e branqueo de capitais.

Patio exterior da suite de Urdangarín, desde onde poerá acceder aos Bis-a-bis

Patio exterior da presunta suite de Urdangarín, desde onde poería acceder aos Bis-a-bis

A cárcere ourensá podería estar habilitando unha suite para don Iñaki na que tería todos os seus gustos cubertos, desde un campo de balonman ate putillas para as noites de xeada.

Deste xeito, barállase a posibilidade de que a visita real a Pereiro de Aguiar non se trate de outra cousa que unha tapadeira para dar o visto bó ás instalacións penitenciarias que poderían acubillar á familia dos reis.

A visita tapadeira, a unha escola dirixida por radicais extremistas, fortemente ligado a grupos extremistas como o BNG ou RG (este último sen confirmar), aumenta as posibilidades de que todo sexa unha farsa orquestrada pola casa real, mentres radicais violentos galegos afirman que recibirán aos reis  nun clima hostil, que a parte da choiva, se traducirá en berros intimidatorios contra a súa familia e sobre a profesión das súas nais.

Cartaz dos grupos terroristas que plantexan atentar contra a súas maxestades

Cartaz dos grupos terroristas que plantexan atentar contra a súas maxestades

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.