A proposta sería transformar as sedes do Partido Popular en prisións para axilizar a xustiza
A Plataforma por unha Xustiza Rápida presentou onte unha proposta para axilizar a depuración de responsabilidades penais no estado español. A proposta pasa por converter as sedes do PP en prisións para axilizar os procesos xudiciais.
“Visto o de onte que vos parece se poñemos barrotes e reixas ás sedes do PP e santas pascuas”, din dende a plataforma. Según din membros da plataforma a operación Púnica desatada onte contra alcaldes e cargos maioritariamente pertencentes ao Partido Popular foi o detonante da idea. “Axilizaría moito a xustiza e axudaría á policía xa que non tería que buscar moito xa que a maioría xa estarían dentro”, comentan.
A proposta non foi vista con bos ollos dende o Ministerio do Interior que prevé construír non menos de 30 prisións de luxo. Segundo indican fontes do ministerio “esto no tiene nada que ver con que los detenidos sean banqueros, alcaldes y concejales”.