Actualidade

O PP non cumpre o seu programa nin para os seguidores máis ultras


Rajoy aborta a contrareforma da Ley do Aborto e, de paso, aborta a Gallardón como ministro

O do goberno do PP xa empeza a ser un caso de estudo como o único goberno que non cumpriu ningunha promesa electoral. Nin sequera a que todo o mundo daba por cantada por ser unha das máis ideoloxizadas do seu programa.

A lei do aborto levouse por diante ao xa ex-ministro Alberto Ruíz Gallardón e a súa lei que pretendía impoñer a maternidade obrigatoria ás mulleres.

“É o único incumprimento do que nos alegramos”, declararon asociacións pro elección. Mentres, dende a igrexa católica, xa preparan a excomunión e a condena ao inferno do PP en pleno.

A Conferencia Episcopal e a organización ultra Red Madre preparan mobilizacións baixo o lema “No al aborto de la ley del aborto” ás que convocarán a persoas que saben moi ben o que é ser nai: monxas, curas, obispos e a Jiménez Losantos.

"Señor, perdónalos porque no saben lo que hacen", aseguran terlle escoitado a Garlladón na rolda de prensa na que anunciaba a súa demisión

“Señor, perdónalos porque no saben lo que hacen”, aseguran terlle escoitado a Garlladón na rolda de prensa na que anunciaba a súa demisión

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.