Actualidade

Dúas persoas mortas e unha ferida leve ao tentar pagar una ronda nun bar de Ogrobe


Instantánea da pelexa capturada desde a mesa á que pertencían os tres homes.

Instantánea da pelexa capturada desde a mesa á que pertencían os tres homes.

O suceso acontecía o pasado sábado na península meca, cando un dos membros dun grupo se ergueu para pagar as copas do resto de persoas que ate ese momento compartían risas e conversas. Nese mesmo momento coma un resorte outras dúas persoas se levantaron berrando “esta pagoa eu” ou “aquí os teus cartos non valen nada”. Ofendido pola actitude dos seus compañeiros comezou a discusión que máis tarde acabaría coa morte de dúas destas persoas, e a terceira ingresada no Hospital Comarcal do Salnés con pronóstico reservado, aínda que os familiares afirman que aparentemente só tería feridas levas e policontusións.

O dono do bar explicaba para TemposGalegos que a día de hoxe todavía fica sorprendido ante os suceso. “É normal que a xente se pelexe por pagar, que se cobrame a min, que se saca ese cartos de aí, pero nunca chegara a cousa a máis. Desta volta a cousa foi grave, incluso ameazaron a noso camareiro dicíndolle que como lle cobrara a un deles o mataban”.

Todo apunta a que as mortes foron producidas por múltiples e repetidos golpes que puideron alcanzar órganos vitais, tanto do aparato reproductor como do respiratorio. A policía está a estudar o caso en profundidade mentres que unha parella gardas escoltan a habitación do ferido que será levado a dependencias policiais para ser interrogado no momento en que reciba a alta médica. Do mesmo xeito non se descarta que haxa represalias contra a persoas que sobreviviu posto que finalmente foi quen pagou a conta de 10,95€.

2 thoughts on “Dúas persoas mortas e unha ferida leve ao tentar pagar una ronda nun bar de Ogrobe

  1. Pingback: Dúas persoas mortas e unha ferida leve ao tentar pagar una ronda nun bar de Ogrobe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.