No debate celebrado hoxe no Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta acusou á oposición de facer política antisocial pedindo tratamentos adecuados para as persoas enfermas de Hepatite C. Acúsaos de non se preocupar polos casos máis graves, e dicir, os mortos por esta enfermidade. Feijoo asegura que a Xunta está a poñer todos os medios necesarios…
Categoría: Actualidade
Feijoo disfrazouse de Operación Zeta
As novas que situaban ao presidente en México non eran correctas e, polo que puido saber este medio, estivo no entroido de Viana do Bolo disfrazado de letra zeta. O ano pasado xa saltara a polémica despois de que Feijoo se disfrazara de Marcial Dorado, este ano non foi menos e o presidente conseguiu levantar de…
Italia intercambiará a Fontana di Trevi polo barco de Alfageme
O alcalde de Vigo insistiu onte en que a instalación do barco é equiparable a outras obras de arte como a Fontana di Trevi e esta observación non pasou por alto aos mandatarios italiano que rapidamente se ofreceron a intercambiar a famosa fonte romana polo barco de Alfageme. ‘Saímos gañando’, declarou o alcalde de Roma,…
Os reis magos non existen: son Abel Caballero
O Concello de Vigo desvelou a sorpresa que tiña agochada para a cabalgata de reis de este ano Os servizos de prensa da Alcaldía do Concello de Vigo anunciaron hoxe o planning do desfile de reis da cidade olívica. A sorpresa que agarda a todos os vigueses é que de Melchor vai facer Abel Caballero; de…
Comparece ante os medios un señor con barba
Suaba, nervioso, pola falta de costume de falar ante os medios Hoxe os medios de comunicación foron sorprendidos cunha comparecencia dun home con barba no Palacio da Moncloa. Xornalistas dos distintos medios congregados atenderon a comparecencia aínda que non sabían exactamente quen puidera ser. A moitos soáballe a cara e dicían que o coñecían de…
Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español
A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como…
Abel Caballero: “O barco ou en Coia ou na punta da miña…”
Abel Caballero responde así aos manifestantes que se agolpan para defender que o barco Bernardo Alfageme non sexa colocado nunha rotonda da cidade. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu unha vez máis en que o barco “Bernardo Alfageme” será situado na rotonda de Coia a pesar “dos berreos de catro gatos dun barrio marxinal que…
Sorpresa maiúscula ante a posibilidade de que o PP de Ourense sexa corrupto
Ninguén que vivira en Ourense podería pensar tal cousa A xuíza Pilar de Lara está a investigar a 24 dirixentes do PP de Ourense e relaciónaos coa trama Pokemon. Esta noticia deixou consternada a unha provincia que acostuma a votar ao Partido Popular con ratios por riba do 50%. A Deputación de Ourense é unha das…
Póñenlle un pisito e unha mercería a Rouco Varela
Ademais do luxoso piso, o arcebispado de Madrid, poralle unha mercería en Madrid O expresidente da Conferencia Episcopal española xa está máis tranquilo despois de que semanas atrás se temera polo desafiuzamento do cardenal do pazo arcebispal da madrileña rúa San Justo. A semana pasada coñeceuse que Rouco Varela ía vivir nun modesto pisito de tan so…
Google News deixará de indexar a Tempos Galegos
Chegan as primeiras consecuencias da aprobación por parte do goberno do novo canon AEDE, tamén coñecido como taxa de Google. A compañía norteamericana Google deicidiu pechar o servizo que presta no noso país Google News Galiza, o cal deixará de prestar servizo o vindeiro martes 16 de decembro. A Lei de Propiedade Intelectual aprobada polo goberno…
O novo turrón de carne richada chegará este Nadal
Unha empresa coruñesa lanza ao mercado unha nova versión do tradicional turrón O I+D gastronómico galego parece non ter fin. Primeiro foi a Nocilla de zorza, despois o Actimel de licor café e agora chéganos o turrón de carne richada para celebrar dun xeito diferente as datas de Nadal. Dende a empresa sinalan que “somos…
Sondaxe contratará a Arguiñano para a cociña das súas enquisas
A empresa aposta así pola cociña de autor e a deconstrución dos datos electorais que se lle servirán quentiños á audiencia Sondaxe, a empresa especializada en estudos de opinión e electorais, pertencente á Corporación Voz de Galicia, anunciou que fichará a Karlos Arguiñano para colaborar na cociña das súas enquisas e contar, así, cun dos cociñeiros mediáticos…
