Actualidade

Italia intercambiará a Fontana di Trevi polo barco de Alfageme


O alcalde de Vigo insistiu onte en que a instalación do barco é equiparable a outras obras de arte como a Fontana di Trevi e esta observación non pasou por alto aos mandatarios italiano que rapidamente se ofreceron a intercambiar a famosa fonte romana polo barco de Alfageme.

‘Saímos gañando’, declarou o alcalde de Roma, ‘sen dúbida co barco gañaremos moito máis turismo’, engadiu.

Pola súa banda Abel Caballero estase pensando o intercambio. Dende fontes próximas á alcaldía viguesa comentan que ‘Non sabemos se nola quererán meter dobrada, que estes italianos sonche todos uns mafiosos’ e remítense as palabras do alcalde ‘A cidade quere que na rotonda haxa un barco’ e as mesmas fontes reforzan a vontade do alcalde ‘O barco debe estar onde teñen que estar os barcos: en terra’.

En calquera caso fontes non oficiais aseguran que se manterse o ofrecemento posiblemente Abel Caballero aceptaría a oferta italiana para ‘ver se así calan os veciños e o cura ese’.

 

Infografía da rotonda de Coia coa Fontana di Trevi

Infografía da rotonda de Coia coa Fontana di Trevi

 

One thought on “Italia intercambiará a Fontana di Trevi polo barco de Alfageme

  1. Pingback: Anónimo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.