Actualidade

Comparece ante os medios un señor con barba


Suaba, nervioso, pola falta de costume de falar ante os medios

rajoy comparencia tv

Imaxe do señor que atoparon falando no Palacio da Moncloa

Hoxe os medios de comunicación foron sorprendidos cunha comparecencia dun home con barba no Palacio da Moncloa.

Xornalistas dos distintos medios congregados atenderon a comparecencia aínda que non sabían exactamente quen puidera ser. A moitos soáballe a cara e dicían que o coñecían de velo a través da televisión e incluso moitos presentes negaban que tivera vida e comentaron que era un animatronic.

O home fixo unha exposición fantasiosa da situación económica e víuselle notablemente nervioso e incluso suaba de máis debido, probablemente, a falta de costume a comparecer en público.

Segundo contan fontes presenciais houbo unha pequena inundación por suor na sala na que comparecía e incluso algún xornalista acabou cos seus osos no chan por estar esbaradizo o que rematou coas especulacións de que o comparecente fose un robot.

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s