Actualidade

Os reis magos non existen: son Abel Caballero


O Concello de Vigo desvelou a sorpresa que tiña agochada para a cabalgata de reis de este ano

Abel Caballero saudándose así mesmo mentres recolle a mirra

Abel Caballero consigo mesmo dándose entrega do báculo de dominación mundial

Os servizos de prensa da Alcaldía do Concello de Vigo anunciaron hoxe o planning do desfile de reis da cidade olívica. A sorpresa que agarda a todos os vigueses é que de Melchor vai facer Abel Caballero; de Gaspar, Abel Caballero e de Baltasar, Abel Caballero.

Ante as preguntas da prensa sobre como se vai desdobrar o alcalde para facer de todos os reis magos foi que os paxes que van repartir caramelos van ser todos Abel Caballero o que provocou o asombro entre os xornalistas asistentes.

O staff do alcalde anunciou que o seu líder supremo rematará a cabalgata camiñando sobre as augas da ría e que soamente lanzará un caramelo, iso si, multiplicarao as veces que faga falta para que todo o mundo teña a súa ración de lambonadas de distintos sabores e a perfección será tal que ninguén terá caramelos de anís. Anunciaron tamén que se se achega algún leproso será curado instantaneamente polo amado líder.

O concello quere, deste xeito, revelar a nenos e adultos que os reis non existen: son Abel Caballero

Na mesma rolda de prensa un xornalista foi lapidado por preguntar que opinaría Carlos Príncipe dos cambios na cabalgata.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.