A Organización de Consumidores e Usuarios(OCU) denuncia publicamente o fraude publicitario que supoñen este tipo de productos, enganando á sociedade con termos enganosos, por riba estranxeiros, para asimilalos con productos sanos e saludábeis. “É como se sacamos unha liña de panceta light, zorza bio ou albóndigas con bífidus activos”. Así se expresaba o presidente da…
Autor: TemposGalegos
Pedro Sánchez visitará o Luar e Bamboleo
Segundo veñen de confirmar fontes da CRTVG, o secreatrio xeral do PSOE no Estado Español, Pedro Sánchez visitaría os programas Luar e Bamboleo dentro da súa xira polas canles de televisión de todo o estado. Ao parecer o político “socialista” xa tería grabada a súa intervención en bamboleo e acudiría este venres ao programa presentado…
O PP non cumpre o seu programa nin para os seguidores máis ultras
Rajoy aborta a contrareforma da Ley do Aborto e, de paso, aborta a Gallardón como ministro O do goberno do PP xa empeza a ser un caso de estudo como o único goberno que non cumpriu ningunha promesa electoral. Nin sequera a que todo o mundo daba por cantada por ser unha das máis ideoloxizadas…
Coristanco e A Limia en pé de guerra polo monopolio das patacas
Nas últimas semanas veñen de sucederse duras criticas entre pataqueiros limiaos e coristancos a raíz da calidade dos seus vernáculos. A calidade das patacas así como o intento de monopolizar o mercado do país estána levar as vilas de Xinzo de Limia e Coristanco a unha batalla dialéctica sen precedentes. As ameazas incluso de bloqueos…
Desarticulada unha banda de xogadores de parchís
Ían por aí bebendo refrescos e dándolle caña aos cubiletes A Policía Nacional e a Garda Civil acaban de anunciar que vén de desenvolverse con éxito unha operación que desarticulou unha banda de xogadores de parchís. A banda composta por oito mozos e mozas de distintas idades, pero todos menores, adicábase a xogar ao parchis nos…
O PP sopesa a fichaxe da alcaldesa do BNG na Bola
O Partido Popular podería pagar a cláusula de rescisión da nacionalista, que ascende a cifra de 3 millóns de euros. O Partido Popular de Ourense, que preside Xosé Manuel Baltar Jr., tería formalizado xa a oferta tanto á formación nacionalista como á alcaldesa da Bola, María Teresa Barge. Como xa fixera na anterior campaña, na…
Whatsapp engadirá as bandeiras de Escocia e Catalunya aos seus iconos
Así o corfimaban esta tarde responsables da compañía de mensaxería. Mañá xoves, día 18 de setembro una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambios sustanciais “debido aos cambios xeopolíticos que se están a dar”. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro tamén de Whatsapp. “É por…
Danone lanzará un actimel de Licor Café
Anunciarase baixo o lema “Con LK-Imunitass para destrozar as túas defensas” Danone está decidida a lanzar o novo produto nos próximos meses. Trátase de unha nova variante da súa coñecida gama Actimel, pioneiro dos alimentos medicinais. Agora a multinacional francesa quere ser pioneira nos alimentos espirituosos e lanzarán o Actimel-LK coa esperanza de abrir un novo…
Os Reis visitan O Pereiro antes da entrada de Urdangarín
Os reis de España, Don Felipe e Dona Letizia, visitan este martes o concello ourensán de Pereiro de Aguiar Na súa estancia na colonia galega teñen planificado un saúdo real a una escola infantil do rural galego e un saúdo ficticio á cárcere ourensá de Pereiro de Aguiar, un dos lugares onde poderían recalar tanto…
Botín: primeira vítima da nacionalización do Banco Espirito Santo
A primeiros de agosto producíase a nacionalización do Banco Espírito Santo por parte do goberno portugués. Aínda que non transcendeu naquel momento, fontes do Vaticano anunciaron represalias de carácter divino, xa que “Deus é moi bo tipo ata que lle tocan no peto” Fontes do Vaticano desvelaron a TemposGalegos que un dos máximos responsábeis da…
A Brilat de Pontevedra cederá voluntariamente militares que vixíen e defendan a Cruz do Castro de Vigo
Así o confirmaba o xeneral Luís Cebrián en rolda de prensa a pasada mañá. A base de Figueirido, en Pontevedra aportará unha pequena división de homes a O Castro, en Vigo, para que escolten, vixíen e defendan, en caso de ser preciso a Cruz dos Caídos que se levanta no monte vigués. Cinco membros da…
Monedero: “Podemos acabou con Botín”
O politólogo español e portavoz de Podemos explicaba esta mañá ante os medios congregados ás portas dos estudos de Cuatro, do grupo Mediaset, que Podemos foi quen acabou coa vida de Emilio Botín. Despois de que nos últimos días Podemos se atribuíse a abdicación do Ex-Rei Juan Carlos, e a dimisión do líder do PSOE, Alfredo…
