Tecnoloxía

Whatsapp engadirá as bandeiras de Escocia e Catalunya aos seus iconos


Así o corfimaban esta tarde responsables da compañía de mensaxería.

Algunhas das bandeiras da aplicación móbil Whatsapp entre as que xa aparecen a escocesa e a catalana.

Algunhas das bandeiras da aplicación móbil Whatsapp entre as que xa aparecen a escocesa e a catalana.

Mañá xoves, día 18 de setembro una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambios sustanciais “debido aos cambios xeopolíticos que se están a dar”. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro tamén de Whatsapp. “É por isto que decidimos introducir entre os nosos Emojis(iconos de Whatsapp) as bandeiras de Escocia e Catalunya.

Mark Zuckerberg e os directivos de Whatsapp queren facer un guiño así aos procesos de emancipación e as consultas e referendos que se producirán en ambas, polo de agora, nacións sen estado.

A data de lanzamento desta actualización non é casual, senón que coincide coa data na que Escocia decidirá, mediante referendo, o seu futuro. Independencia ou seguir ligado a Reino Unido.

Deste xeito Mark Zuckerberg e a empresa máis potente dentro do mundo da mensaxería, posicionanse abertamente a prol do SI e da saída destes países dos seus estados para conformar os seus propios. “Decidimos inserir tamén a de Catalunya, pois pese aos atrancos que o Goberno español está a poñer, non dubidamos de que celebrarán a súa consulta e conseguir unha ampla maioría de apoios á independecia catalana.

A última hora da tarde, Moncloa emitía un comunicado no que se expresa o disgusto do Presindente Mariano Rajoy pola inclusión da Senyera, a bandeira catalana, na aplicación móbil e explicaba a intención do presidente de deixar de utilizar Whatsapp e pasarse a Telegram.

2 thoughts on “Whatsapp engadirá as bandeiras de Escocia e Catalunya aos seus iconos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.