O novo iPhone 6 non realizará sexo oral

Usuarios de Apple non se explican o prezo de 900 euros do terminal  A compañía da mazá presentou onte en San Francisco o novo modelo de iPhone nunha esperada e concurrida Keynote ante a expectación do mundo tecnolóxico. Sen embargo, nada máis presentalo unha lexión de fans da marca xa criticaron á compañía californiana porque o novo…

A productora de ‘The Walking Dead’ ficha, en bloque, 30.000 seguidores de Rajoy

“Precisamos moitos zombies para a nosa próxima tempada”, afirmaron AMC Networks acaba de anunciar a contratación de 30.000 followers de twitter de Rajoy para a súa próxima tempada da exitosa serie ‘The Walking Dead’. Segundo transcendeu esta fin de semana na prensa internacional a noticia xurdida da compra da seguidores zombies por parte dos xestores…

Emigrantes galegos en Euskadi propoñen chamar á bandeira Galega ‘A kurriña’

Varios colectivos de galegos residentes en Euskal Herria proporán ao Parlamento Galego renomear á bandeira galega. O nome: ‘A kurriña’ Deste xeito queren sellar un vínculo creado entre matrias irmás, labrada tras anos de emigración galega a terras vascas. Así ‘a kurriña’ convertiríase na irmá simbólica da ikurriña enlazando a ambos pobos dunha maneira histórica. “A…

Divorcio Real entre Don Juan Carlos e Doña Sofía

O incremento da rumoroloxía entorno ao cese da convivencia entre o Ex-Rei e dona Sofía presaxia un divorcio inmninente. Nas últimas horas, fontes confidencias confirman, presuntamente, o desenlace dunha parella que naceu na cuberta dun barco alá polo ano 54.  Todo apunta que burdeles, barcos e fulanas nada teñen que ver nesta decisión que partiría…

Desvelan que o Pazo de Meirás é, en realidade, un piso franco

“No sé por que lo llaman Pazo, es poco más grande que un pisito”, declarou Carmen Martínez-Bordiu O descubrimento foi realizado tras a recente portada da neta do dictador nunha coñecida revista de sociedade e, en declaracións en petit comité puido ser escoitada por un xornalista dicindo que non sabía “por que lo llaman Pazo,…

O Dépor ficha a Castolo

O Deportivo da Coruña chegou a un acordo para a incorporación do brasileiro do PES United, Castolo, que chegará ao conxunto galego esta tempada, informaron a TemposGalegos fontes da negociación O club coruñés confirmou a contratación do dianteiro de 33 anos, que ten previsto pasar mañá recoñecemento médico. Castolo, que ten contrato co PES United, será a…

Rajoy e Merkel intercambian ideas peregrinas en Compostela

A chanceler Angela Merkel e o presidente do goberno español percorreron un traxecto do Camiño de Santiago e aproveitaron para intercambiar ideas peregrinas A visita da chanceler alemá a Galiza foi aproveitada por Mariano Rajoy para intercambiar ideas. Entre elas destaca a peregrina idea de que Luis de Guindos, actual Ministro de Economía e copartícipe das…

Lanzan unha nocilla con sabor a zorza

O Grupo de alimentación Nutrexpa acaba de anunciar que lanzarán unha nova variedade da súa famosa crema con sabor a zorza Na rolda de prensa de presentación indicaron que a súa equipa de I+D+i acaba de rematar todo o proceso de producción e comunicaron que nunhas semanas poderase adquirir en todos os establecementos de alimentación…

Ceivar convocará concentracions solidarias con Baltar en todas as vilas galegas

O colectivo popular anti-represivo Ceivar vén de emitir un comunicado no cal, rexeita formalmente a sentenza inculpatoria do expresidente da Deputación de Ourense O colectivo de apoio aos presos galegos pronunciabase así ante a sentenza en firme que na pasada semana culpaba a Xosé Luís Baltar polas contratacións indiscriminadas de 104 persoas, enchufadas na Deputación…

A Xunta ordea a Meteogalicia que chova para tapar a sentenza de Baltar

As augas baixan turbias por San Caetano cos asuntos políticos relacionados coa corrupción de membros do PP. Esta mesma mañá algúns funcionarios puideron escoitar o rapapolvos que Feijoo lle deu ao ministro Gallardón e como lle ordeaba que puxera en vereda ao estamento xudicial que tantas dores de cabeza lle está a dar coa operación…

O PP pide aos seus cargos “non exercer a prostitución nin a mendicidade”

Despois de que se denunciara no Parlamento de Galiza que a Xunta lle exixía as persoas perceptoras da Risga que “non exerceran a prostitución nin a mendicidade” o PP faino extensible os seus cargos Segundo avanzaron responsables de prensa do Partido Popular de Galicia o presidente ten en mente incluír a prohibición de exercer a prostitución e a mendicidade…