Sucesos

Monedero: “Podemos acabou con Botín”


O politólogo español e portavoz de Podemos explicaba esta mañá ante os medios congregados ás portas dos estudos de Cuatro, do grupo Mediaset, que Podemos foi quen acabou coa vida de Emilio Botín.

Monedero escenifica como lle petou o corazón a Botín.

Monedero escenifica como lle petou o corazón a Botín.

Despois de que nos últimos días Podemos se atribuíse a abdicación do Ex-Rei Juan Carlos, e a dimisión do líder do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, Monedero afirma que o seu partido foi quen de lograr un cambio na España sistémica.

Preguntado por como Podemos foi quen de acabar coa vida de Botín, Monedero afirma que os continuos disgustos e sobresaltos que a tese política de Podemos ofrece xunto coas súas propostas económicas fixeron que o corazón do presidente do Santander non aguantase máis e finalmente acabase colapsando en forma de infarto.

Podemos baralla nestes momentos acabar coa vida doutras persoas como Mariano Rajoy, Wert ou Arias Cañete. “Aínda que o aspecto azulado de Cañete indique que xa pouco lle quede”.

One thought on “Monedero: “Podemos acabou con Botín”

  1. Toda a verdade: tamén se debe a Podemos -aínda que os mass media non o suliñen- o ascenso do Dépor, a baixada do Euribor e as as ofertas do Mercadona, ao que podes ir se che sae da co…perrracha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.