A primeiros de agosto producíase a nacionalización do Banco Espírito Santo por parte do goberno portugués. Aínda que non transcendeu naquel momento, fontes do Vaticano anunciaron represalias de carácter divino, xa que “Deus é moi bo tipo ata que lle tocan no peto”
Fontes do Vaticano desvelaron a TemposGalegos que un dos máximos responsábeis da quebra do “Espirito santo” foi o avaricioso banqueiro español Emilio Botín. Parece ser que deus pillou un rebote de tres pares e chamou inmediatamente a Emilio Botín, que coa chulería característica castelá espetoulle: “amigo Deus, aínda non te decataches de que o todopoderoso son eu?”. Ante isto deus anunciou o regreso das sete pragas… mais o seu colega Bergolio convenceuno para que non pagase toda a humanidade os excesos do Botín.
Sabendo da protección coa que contaba Botín en España, Deus agardou a visita que aquel realizou a Milán para manipularlle o corazón coas consecuencias de todos coñecidas.
Tras a morte do banqueiro, Deus e mais os seus colegas pillaron unha tallada celestial na que ameazaron con liquidar a todo aquel que estivese involucrado dalgún xeito na quebra do Espirito Santo. Ante esta información, moitos mandatarios europeos xa pactaron con Satán a salvación do seu patrimonio por unha comisión do 10%.

“Fíxenme cunha terceira parte da Santísima Trinidade e, como todos veñen sendo un, pódese dicir que son dono de Deus”
gagagagagagagagagagaga
https://polldaddy.com/js/rating/rating.js