Anunciarase baixo o lema “Con LK-Imunitass para destrozar as túas defensas”
Danone está decidida a lanzar o novo produto nos próximos meses. Trátase de unha nova variante da súa coñecida gama Actimel, pioneiro dos alimentos medicinais.
Agora a multinacional francesa quere ser pioneira nos alimentos espirituosos e lanzarán o Actimel-LK coa esperanza de abrir un novo mercado.
Segundo a propia compañía, aínda que esta nova liña, pode acabar mancando as defensas isto non xeraría problemas xa que se pode compensar coa inxesta simultánea de actimeis normais. “Son perfectamente complementarios, ademais así venderíamos o dobre”, comentan fontes da compañía.
A empresa tampouco esquece o mercado infantil que tanto rendemento lle da á firma. Deste xeito teñen pensado sacar unha liña para nenos que non levaría alcol e o café sería descafeinado. “Temos pensado chamalo Actimel-LK O,O sen cafeína”, engaden.
Pero aquí non queda a cousa. A compañía francesa ten previsto incorporar o licor café noutras gamas comercias da súa liña de negocio. Deste xeito a empresa ten previsto incorporalo á súa gama Activia que levaría o prezado licor xunto cos bífidus activos.
Os creativos da empresa publicitaria que leva a Danone xa está a preparar os spots publicitarios. Filtracións internas apuntan a un spot con Coronado cun pedal do quince dicindo “con esto si que te vas por la pata abajo”