Ían por aí bebendo refrescos e dándolle caña aos cubiletes
A Policía Nacional e a Garda Civil acaban de anunciar que vén de desenvolverse con éxito unha operación que desarticulou unha banda de xogadores de parchís.
A banda composta por oito mozos e mozas de distintas idades, pero todos menores, adicábase a xogar ao parchis nos patios, aceras e bancos da rúa, causando o pánico entre a cidadanía.
Segundo o comunicado da policía, os mozos e mozas non bebían alcol, ocupaban o espazo público e provocaban certo ruído ao bater os cubiletes do dado.
“A quien se le ocurre estar en un patio y no hacer un botellón”, comentan fontes de policía. “Hasta aquí podíamos llegar, ya ni se emborrachan. Es que ni usaban los cubiletes como chupitos. La juventud se está echando a perder!”, comenta un axente que prefire manterse no anonimato.
Ante as críticas da oposición a raíz desta operación o responsábel das forzas e corpos de seguridade do estado comentou “Estarían mejor luchando contra el fraude fiscal, la corrupción o persiguiendo a nuestros compañeros de partido? A que no? Pues eso…”