Quintana e Pitbull uniranse para conseguir a revolta cívica

Anos despois do MegaHit do Reggaeton de Quintana, o exvicepresidente da Xunta únese ao cantante de Miami para lanzar a súa nova iniciativa Somos Nós. Anxo Quintana volve á primeira liña política e pretende facelo por todo o grande. Despois da presentación ante os medios de comunicación do seu manifesto por unha “Revolta cívica” e…

Rajoy utilizará unha machada se non lle abres a porta

O Partido Popular puxo en marcha unha campaña na que Mariano Rajoy irá, porta por porta, agradecéndolle a cidadanía a súa paciencia. ‘Vamos a agradecerles que nos votaran’, di un representante da nova campaña do PP, ‘pero muchos no nos abren la puerta y no sabemos por qué’. Tamén amosaron preocupación pola situación económica. Din…

Feijoo celebrou en MontePío o seu propio domingo fareleiro

Feijóo disfrazado de Tony Montana(Al Pacino) en Scarface tería sido o mestre de cerimonias. O pasado domingo día 26 foi domingo fareleiro en Xinzo de Limia, e o presidente da Xunta de Galiza non quixo ser menos e festexar o seu propio domingo “fareleiro” acompañado do seu círculo máis achegados. A festa nocturna na residencia…

O tradutor automático da Voz de Galicia ocupará unha cadeira na RAG

A próxima incorporación da Real Academia Galega non será unha persoa. A institución da lingua confirma que entre o elenco de escritores e escritoras escollidas para optar á cadeira vacante na RAG optarán polo tradutor automático da Voz de Galicia. O tradutor foi proposto por alomenos tres académicos dos máis de trinta que existen na…

O PP enviará papel hixiénico e cueiros a Grecia ante a victoria de Syriza

A victoria do partido da esquerda radical grega Syriza mobiliza a afiliados, simpatizantes e empresarios da dereita española. Os resultados obtidos polo líder da esquerda grega, Alexis Tsipras, encenderon onte todas as alarmas en Génova, a victoria do partido radical abre un novo escesnario de batalla a nivel europeo no que a esquerda rupturista colle…

O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino

Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a…

O Celta de Vigo ficha a Abel Caballero para que tire os penalties

A directiva do club vigués vén de anunciar a incorporación do alcalde, que será o encargado a partir de agora de tirar as penas máximas pitadas a favor do clube. O Real Club Celta de Vigo reforza así unha das súas posicións estratéxicas máis eivadas nas últimas xornadas de liga, un experto en penas máximas,…