Anos despois do MegaHit do Reggaeton de Quintana, o exvicepresidente da Xunta únese ao cantante de Miami para lanzar a súa nova iniciativa Somos Nós.

Quintana e Pitbull protagonizarán a volta e a revolta.
Anxo Quintana volve á primeira liña política e pretende facelo por todo o grande.
Despois da presentación ante os medios de comunicación do seu manifesto por unha “Revolta cívica” e o lanzamento da iniciativa “Somos Nós”, Quintana avanza firme cara a conquista da maioría social que devolva a Galiza ao seu lugar.
Rememorando o éxito do Reggaeton de Quintana e apelando ao seu espírito, o exlíder nacionalista e o seu equipo fichan ao cantante americano Pitbull, co que pretenden lanzar un novo hit centrado na carismática personalidade de Quintana e nas potencialidades de Galiza como país.

David Fernández Calviño anunciaba en Twitter que se replantexaba a volta, podería ser da man de Quin?
As expectativas son altas, xa que o Reggaeton de Quin, non deixara indiferente a ninguén no seu momento, e as redes sociais son fiel mostra do rebulir que a noticia da volta do de Allariz causou nos últimos días. Son varios os políticos tanto en activo como que o estiveron no pasado os que xa avalaron publicamente o novo proxecto. Desde Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos ao exdeputado David Fernández Calviño, que anunciaba por twitter o pasado venres a posibilidade do seu retorno, apoiarían a iniciativa na cal se vislumbra un retorno de Anxo Quintana para defender os intereses de Galiza no estado español, ante apocalíptico panorama para o nacionalismo galego cada vez máis dividido.