O PP é a segunda formación política en aceptar os postulados homeopáticos despois de Podemos.

O a pastilla de Sovaldi será diluída en augas do Mar Mediterráneo.
‘Sovaldi’ é o nome comercial do tratamento máis avanzado para combater a hepatite C; a súa efectividade é tanta que a súa porcentaxe de cura supera o 90%. O problema é o seu prezo, polo menos o prezo que o seu fabricante puxo nos países ricos. O custo que de momento propón a farmacéutica Gilead é de 60.000 euros.
É por isto que varios grupos de homeópatas vinculados ao goberno central veñen de propoñer unha audaz medida baseada no principio de disolución homeopática.
Trataríase de disolver unha pastilla, non máis preferiblemente, debido ao seu alto custo, no mar e que os afectados pola enfermidade se bañen en ditas augas. O Goberno estaría a negociar nestos momentos cos países do eixo mediterráneo para tentar levar a cabo dito proxecto en augas do propio Mar Mediterráneo.
Xorden, así mesmo, certas dúbidas sobre a auga medicalizada que se escaparía pola Canle de Suez e como os gobernos firmantes deste tratado médico deberan impoñer un canon polo disfrute destas augas no oceáno Índico, máis se cabe, sabendo que segundo a teoría homeópata as sucesivas disolucións aumentarian a potencia do medicamento.
Ábrese así unha fenda de luz aos miles de enfermos de hepatite C que residen no estado español e que deste xeito, segundo o goberno, ven saciadas as súas peticións de que non os deixen morrer.