Unha tensa disputa entre o líder do PSOE e o seu GPS acabaron co “socialista” na outra punta da gran urbe norteamericana.

Pedro Sánchez camiñando cara a dereita, a pesar das indicacións do seu GPS.
O convite da George Mason University de Washington a dar unha palestra polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acabou nunha tensa loita de egos, segundo apuntan fontes próximas á comitiva, na cal o deputado español insistiría en non xirar á esquerda a pesares das indicacións do aparato satélite.
Despois de horas de seguir a mesma senda, tan só con desvíos á dereita, a comitiva encabezada por Sánchez decidiu cancelar o acto.
En declaracións telefónicas a distintos medios de comunicación Sánchez apuntaba: “Nun país tan fortemente liberal como os EUA non podemos permitirnos traspés de caer demasiado no xogo de ancorarnos a esquerda, somos unha opción de cambio, pero tamén de seguridade, levamos bo camiño, aínda que o GPS diga o contrario”.

O presidente da George Mason University of Washington bromeaba en twitter acerca das capacidades de Pedro Sánchez.
Algunhas das persoas que acompañaban aos membros do PSOE apuntarían tamén a fortes discusións dentro do vehículo no que se atopaba o español, nas cales este tentaba convencer desesperadamente á voz do GPS que debía votar ao PSOE nas próximas eleccións estatais.