A directiva do club vigués vén de anunciar a incorporación do alcalde, que será o encargado a partir de agora de tirar as penas máximas pitadas a favor do clube.

Abel Caballero posa coa súa nova equipación.
O Real Club Celta de Vigo reforza así unha das súas posicións estratéxicas máis eivadas nas últimas xornadas de liga, un experto en penas máximas, lanzamento que nos últimos partidos non deixan de dar desgustos a afección do equipo vigués.
Caballero chega ao Celta de Vigo de maneira inequívoca ao contar cunha gran traxectoria tirando cos cartos, polo que a afeción espera que esa mesma habilidade a desenvolva no lanzamento dos penaltis. Esta nova fichaxe, que non ocupará praza de extracomunitario a pesares de ter sido nado en Ponteareas, aportará ao equipo da cidade olívica un reforzo as arcas do clube en concepto de marketing e merchandising ao esperarse grandes ventas en torno a imaxe do ilustre alcalde, Abel Caballero.

O novo fichaxe do Celta, Abel Caballero demostra a súa habilidade desde os 11metros.
Os primeiros contactos entre Alcaldía e Celta de Vigo en relación ao traspaso tiveron lugar nos últimos meses e veñen dados pola enorme capacidade de Abel de tirar con máis de 300.000 euros na colocación do barco, Bernardo Alfageme, na rotonda de Coia. O seu tesón, perseverancia e afouteza son características que segundo Mouriño acabaron por inclinar a balanza ao seu favor.
Pola súa banda Abel Caballero non quixo desaproveitar a ocasión para anunciar que a súa presentación como celeste se fará na rotonda de Coia para facilitar que a xente alí congregada o poidan ver vestido de corto.