O PP baixa 17 escanos no parlamento andaluz e a xuíz investigará se se trata dun ERE do PSOE Ante o descalabro do PP nas elección andaluzas Mercedes Alaya, a xuíza que leva o caso dos EREs da Junta de Andalucía, investigará se durante o proceso electoral houbo ERES ilegais. Así, abrirá unha nova liña de…
Autor: TemposGalegos
A UCI propón un Tour de France alternativo para ciclistas dopados
A Unión Ciclista Internacional busca así incrementar a emoción das carreiras e os adiantamentos. A UCI vén de confirmar no día de onte unha nova proba no calendario ciclista, será un Tour de Francia para dopados, o cal se celebrara de xeito paralelo ao Tour De Francia. A idea desta nova proba e a de incremtentar…
O Fondo Monetario Internacional proporá a morte obrigatoria aos 65 anos
A medida afectaría a traballadores, pensionistas e pobres en xeral A presidenta do Fondo Monetario Internacional, Christine Lagarde, sembrou a polémica cunhas declaracións nas que afirmaba que a xente vivía demasiado e que iso provocaba que as pensións supuseran un desembolso desorbitado para os estados. “La vida sale muy cara a los estados y empresas…
Compromiso por Galicia(CxG) presentará candidatos ás primarias de todas as “mareas” do país
Desde a dirección nacional de CxG afirman despois do sucedido en Ourense que “Isto está chupado”. Despois da lección de participación e democracia exercida durante o pasado fin de semana na cidade de Ourense, Compromiso por Galicia vén de anunciar que presentará candidatos en todas as primarias das “mareas” que se celebren polo país. Este…
Feijóo afirma que se rompen cadrís por riba das nosas posibilidades
Feijóo pide responsabilidade á terceira idade para que se deixen de despilfarrar tantos cartos en apaños para dous días que lles quedan. O presidente Nuñez Feijóo afirmaba no día de onte que o colapso dos quirófanos da cidade de Vigo se debía ao gran número de roturas de cadrís, sobre todo nas persoa máis maiores, pero tamén…
Os asfaltados pola proximidade das eleccións fan subir o prezo do petróleo
A proximidade das eleccións municipais en Galiza fai subir os prezos mundiais do petróleo de xeito alarmante. Os alcaldes galegos, coñecidos adictos ó chapapote en período preelectoral, provocaron nas últimas semanas unha eacalada dos prezos do petróleo pesado a nível mundial ate o punto de paralizarse obras en diversos lugares do mundo. Nestas datas o…
O Centro Superior de Hostelería de Galicia inventa o Porro con enchufe
O departamento de I+D do Centro Superior de Hostelaría de Galicia logrou que o Porro tivese un enchufe A investigación e desenvolvemento galegos están de noraboa. Tras varios meses de traballo parece que os esforzos feitos polo Centro Superior de Hostelaría de Galicia deron os seus froitos e onte coñecíamos a existencia dun Porro con enchufe….
En Ferrol, Podemos non apoiará a Podemos
A formación de Pablo Iglesias non dará soporte ás mareas ferrolás, pero tampouco ao seu propio partido local. O Círculo concéntrico de Podemos a nivel estatal non apoiará ao seu círculo ferrolán de cara ás próximas municipais de maio de 2015. Despois dos problemas surxidos na elección do seu Consello Cidadán e as convulsas asembleas…
A Xunta pídelle a Terbutalina que faga cancións moñas en español para conseguir subvencións
O grupo mandoulle un mail a Turismo para que colaborara no seu próximo video do mesmo xeito que colaborou co de Enrique Iglesias Acábase de filtrar a resposta da Xunta á proposta que lle fixo Terbutalina o pasado 11 de febreiro na que solicitaban colaboración con Turismo para o seu próximo videoclip da mesma maneira que xa fixera…
Feijóo e o PP inauguran outra carallada
A proximidade das eleccións municipais de maio de 2015 intensifica a axenda dos dirixentes do Partido Popular. Na mañá deste xoves o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, acompañado do alcalde de Compostela, Agustín Hernández, e a ministras de fomento, Ana Pastor inauguraban na capital galega un carallo nunha rotonda. A obra levada…
O DOG aprobará por decreto a existencia do Flying Spaghetti Monster
O PP galego emulará así aos seus homólogos de Madrid na aprobación, por decreto, de seres imaxinarios Alberto Núñez Feijoo procederá a aprobar, por decreto, a existencia do Flying Spaghetti Monster (FSM) despois de que o BOE confirmara a existencia de deus. O movemento ideado polo comité de campaña do PP trata de captar o voto…
Trifulca no Parlamento Galego pola cor da bandeira de Nunca Máis
Mentres a oposición en bloque sostén que as cores da bandeira de Nunca Máis son o azul e o negro, o Partido Popular asegura que é branca e dourada. A ultima sesión do Parlamento Galego veu marcada polo conflito xerado pola bandeira de Nunca Máis. Máis de 10 anos despois da traxedia a enseña…
