Martínez “el Facha” ficha por Ciudadanos

Volve á primeira liña, cargado do seu máis pronunciado fervor patriótico. Despois da súa despedida no pasado mes de marzo despois de catro décadas de traballo en prol do fascismo e buscar mellor vida en Venezuela, Martínez “el Facha” volve con máis forza que nunca á primeira liña, e organízase politicamente nun dos que está a…

Pedro Sánchez trabúcase e di que é de esquerda

O lídero do PSOE volve a trabucarse publicamente despois de votar a favor da reforma do aborto presentada polo Partido Popular. Non está a ser unha boa semana para Pedro Sánchez, se onte remataba o día trabucándose na votación do Congreso sobre a reforma do aborto presentada polo PP e na que o líder dos…

O PP de Ourense contratará ás Mamachicho para os seus cartaces

O PP aproveita a polémica do seu cartaz electoral para conseguir notoriedade O comité provincial do Partido Popular en Ourense está encantado coa publicidade gratuíta que lle trouxo o seu cartaz electoral e continuará explotando a polémica para conseguir notoriedade para o seu candidato Jesús Vázquez. Encamarcada nesta estratexia figura a contratación das Mamachichos que…

Fran podería ser o novo entrenador do Dépor

O ex-xogador deportivista mostraríase ilusionado en voltar ao primeiro equipo. Son xa 10 anos os que pasaron desde que Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, se retirase do fútbol profesional. Se ben é certo que nunca se desmarcou da disciplina deportivista, xa que segue xogando no equipo blanquiazul de fútbol indoor, a súa volta…

Ciudadanos proporá en Galiza que todo siga como está

A formación de Albert Rivera preséntase en Galiza cun programa de continuidade. Ciudadanos, o partido político emerxente que parece ser o único capaz de facerlle fronte a Podemos no estado español, inicia a súa aventura galega co aval do exalcalde da Coruña Paco Vázquez. O partido de Rivera fixo así un chamamento “a cidadanía española residente…

Un xeranio substituirá a Toni Cantó no seu escano

Fai o mesmo traballo e non di tantas burradas O deputado de UPyD no Congreso, Toni Cantó, anunciou onte que renunciaba a súa acta e que non será o candidato de UPyD á Generalitat Valenciana. O anuncio foi feito nunha rolda de prensa convocada o martes e nela anunciou que continuaría na formación ata o…

Feijoo inaugura unha inauguración

A febre inauguradora do Partido Popular chega a extremos de que inaugurarán as inauguracións Ao PP non lle saen as contas electorais e o seu comité de campaña lanzou unha campaña para parecer que o goberno fai cousas. Se nos pasados días podiamos ver a Feijoo e outros dirixentes do Partido Popular inaugurando as cousas…

Ikea fabricará mobles para igrexas despois do éxito de Muxía

A nova liña de mobles eclesiásticos podería estar lista en xuño Despois da presentación da restauración da igrexa da Virxe da Barca a multinacional sueca Ikea vai lanzar unha liña de mobles para igrexas para que se poida exportar o modelo utilizado en Muxía. O nome da nova liña aínda está por decidir pero xa houbo…

O PP non tiña caixa B, en realidade os cartos estaban nun colchón B

“Conocemos bien a los bancos. No nos fiamos de ellos”, declararon fontes cercanas ao Partido Popular. Segundo transcendeu onte o Partido Popular non tiña o diñeiro negro nunha caixa senón baixo un colchón o que pode motivar os seus cargos negasen a existencia da referida caixa ao ser, en realidade, un contenedor completamente distinto. Fontes cercanas ao…