A proximidade das eleccións municipais de maio de 2015 intensifica a axenda dos dirixentes do Partido Popular.

Feijóo, con Hernández e Pastor, destapando o carallo.
Na mañá deste xoves o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo, acompañado do alcalde de Compostela, Agustín Hernández, e a ministras de fomento, Ana Pastor inauguraban na capital galega un carallo nunha rotonda.
A obra levada a cabo por un becario de Santiago Calatrava e que pretende ser un homenaxe ao xa famoso carallo29 compostelán tivo un custo, segundo fontes oficians de 96.000 euros, dos cales se tería aforrado preto de 15.000 euros ao retirar o que serían os collóns da idea inicial.
Feijóo que presidiu o acto bromeaba acerca da escultura fálica “unha destas tiña que levala Pachii” en referencia ao seu “amigo” Pachi Lucas.
Por outra banda, para o alcalde de Compostela, Agustín Hernández, colocar a obra nunha rotonda representa a “simbiose entre tradición e avance, mistura perfecta entre o pasado, representado na pedra do carallo e o avance, circular como a vida, dunha rotonda.

Feijóo proba a dureza e firmeza da obra fálica.