Política

Feijóo afirma que se rompen cadrís por riba das nosas posibilidades


Feijóo pide responsabilidade á terceira idade para que se deixen de despilfarrar tantos cartos en apaños para dous días que lles quedan.

Imaxe de arquivo.

Imaxe de arquivo. Por onde rachan os cadrís?

O presidente Nuñez Feijóo afirmaba no día de onte que o colapso dos quirófanos da cidade de Vigo se debía ao gran número de roturas de cadrís, sobre todo nas persoa máis maiores, pero tamén entre os peóns que nestes días multiplican os seus esforzos no asfaltado de carreteiras.

A rotura de cadrís, común en persoas da terceira idade, é a xustificación que o presidente aporta ao deficiente estado da sanidade pública no noso país. Feijóo chegaba a especificar en rolda de prensa que se as persoas maiores deixaran de facer tanto exercicio e se pararan máis tempo a ver obras esta tendencia volvería ao seu curso habitual.

Mentres tanto a oposición acusa a Feijóo de tentar sacar rendemento da dor allea e paralizar os quirófanos, neste caso vigueses, para xustificar a construción do Complexo Hospitalario de Valadares. “Feijóo o único que pretende é xustificar esa macroestrutura, para despois vendela a calquera amiguete” afirmou a deputada do BNG, Ana Pontón.

Por parte do PSdeG-PSOE foi Mendez Romeu quen se dirixiu ao presidente para pedirlle talante, e protección aos maiores, pondose a si mesmo como exemplo xa que segundo o mesmo Romeu, “pouco me queda e igual me cómpre”.

One thought on “Feijóo afirma que se rompen cadrís por riba das nosas posibilidades

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.