A proximidade das eleccións municipais en Galiza fai subir os prezos mundiais do petróleo de xeito alarmante.

Imaxe de campaña do PP nas pasadas municipais.
Os alcaldes galegos, coñecidos adictos ó chapapote en período preelectoral, provocaron nas últimas semanas unha eacalada dos prezos do petróleo pesado a nível mundial ate o punto de paralizarse obras en diversos lugares do mundo.
Nestas datas o crecente número de asfaltados que se están a producir na Galiza sobre todo corredoiras, alamedas, torreiros, etc… incrementou de xeito brutal a demanda de petróleo pesado, materia prima fundamental do chapapote ou piche. A isto xúntase que dúas das zonas de maior producción deste tipo de petróleo (o estado de Alberta no Canadá e a República Bolivariana de Venezuela) non están a abastecer o mercado galego aínda que por distintas razón. O petróleo canadiano non ten acceso ó mercado galego por motivos loxísticos, mentres que no caso Venezolano é o goberno dese país o que se nega a abastecer de chapapote ós alcaldes galegos, maioritariamente do PP e PSOE. “Os va a vender chapapote vuestra puta madre!!!!!” díxolle o presidente Maduro a una delegación de alcaldes peperos e sociatas encabezados por Agustín Hernández e Abel Caballero.
A fame de chapapote dos alcaldes galegos fixo que Arabia Saudita estea a producir ao 100% da súa capacidade, aínda que non é capaz de cubrir a demanda galega. Isto provocou una suba considerable do prezo do petróleo pesado que so os alcaldes galegos están dispostos a pagar, motivo polo que foron paralizadas obras noutros lugares. “Son uns putos yonkis do chapapote” comentaba un Saudí a un colega da CIA.
Pingback: Feijóo afirma que se rompen cadrís por riba das nosas posibilidades | Tempos Galegos