Deportes

A UCI propón un Tour de France alternativo para ciclistas dopados


A Unión Ciclista Internacional busca así incrementar a emoción das carreiras e os adiantamentos.

Afeccionados ao doping celebran a noticia.

A UCI vén de confirmar no día de onte unha nova proba no calendario ciclista, será un Tour de Francia para dopados, o cal se celebrara de xeito paralelo ao Tour De Francia. A idea desta nova proba e a de incremtentar a expectación e a emcoión da proba francesa, que nos últimos anos e debido aos diversos escándalos se estaba a ver afectada.

No France Doping Tour, os ciclistas poderán usar calquera tipo de substancia co único requisito de que parte delas sexan doadas a un banco de drogas para o seu psoterior estudo, o cal axudará a ter máis controladas as substancias usadas e axudará a limpar o Tour de France orixinario.

A UCI pretende aumentar así tanto os adiantamentos en carreira como e expectación e emoción de poder ver como algún corredor morre en directo, por sobredosis ou porque simplemente “lle pete o corazón.

O equipo Astana, que nas filas conta co español Alberto Contador, ofi o primeiro equipo e confirmar a súa presenza na proba. En palabras do seu director de equipo “se xa nos dopamos no outro, como non imos participar neste. Sóbranos o Clembuterol!”.

Contador no último Tour gañado, co equipo Astana.

Contador no último Tour gañado, co equipo Astana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.