O departamento de I+D do Centro Superior de Hostelaría de Galicia logrou que o Porro tivese un enchufe
A investigación e desenvolvemento galegos están de noraboa. Tras varios meses de traballo parece que os esforzos feitos polo Centro Superior de Hostelaría de Galicia deron os seus froitos e onte coñecíamos a existencia dun Porro con enchufe.
‘Siempre viene bien tener enchufes’, declararon fontes do centro ao que engadiron que ‘uno más no hace daño a nadie, sabemos que hai muchos, pero uno más siempre le puede ser de utilidad a alguna persona en particular, a algún hijo de alguien, por ejemplo’.
A presidenta do Consello Económico e Social, Corina Porro, non quixo facer declaracións a pesar de que varias persoas lle atribuiron a autoría do invento. Mentres o Partido Popular aínda non fixo público ningún comunicado oficial aínda que fontes próximas ao gabinete da Xunta citaron a Fraga ao dicir que ‘Los hijos de buenas familias son listos y prominentes’.
A sección de I+D do CSHG tamén anunciou o lanzamento dunha versión de fumar dirixida ao público máis perroflauta.