A formación de Pablo Iglesias non dará soporte ás mareas ferrolás, pero tampouco ao seu propio partido local.
O Círculo concéntrico de Podemos a nivel estatal non apoiará ao seu círculo ferrolán de cara ás próximas municipais de maio de 2015.

Imaxe de arquivo de Breogán Riobóo, líder galego de Podemos
Despois dos problemas surxidos na elección do seu Consello Cidadán e as convulsas asembleas das mareas locais tanto o secretario xeral galego, Breogán Riobóo como Pablo Iglesias mostraron a súa desidia a mostrarse a favor do círculo e explicitaron que Podemos Ferrol non será un interlocutor válido para as conversas políticas que se circunscriben ao seu ámbito local.
Breogán Riobóo, líder galego de Podemos, comentaba que os seus compañeiros e compañeiras en Ferrol era un “pouco pringados, aínda que cidadáns” e que “non se enteraban del rollo” polo que non se podía confíar neles.
En preguntas ao seu líder estatal, Pablo Iglesias, o vallecano extrañado respodía que “quen é Ferrol?” descoñecendo absolutamente a casuística da cidade galega.
En canto ás palabras de Riobóo, na semana pasada, sobre o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, o líder galego de Podemos quixo reiterar a súa idea de que Beiras estaría mellor xubilado e isnsinuou “Beiras na Reboraina, tamén ten moito que podar” en alusión á casa do dirixente nacionalista e onde se vislumbra unha mensaxe subliminal de cara a súa organización política, Anova.