Actualidade

Trifulca no Parlamento Galego pola cor da bandeira de Nunca Máis


Mentres a oposición en bloque sostén que as cores da bandeira de Nunca Máis son o azul e o negro, o Partido Popular asegura que é branca e dourada.

Nunca_Máis_Flag

Imaxe da discordia. Mentres uns a ven azul e negra outros a ven branca e dourada.

 

A ultima sesión do Parlamento Galego veu marcada polo conflito xerado pola bandeira de Nunca Máis. Máis de 10 anos despois da traxedia a enseña volvía á palestra por medio da exportavoz popular Paula Prado quen aseguraba que “aquella bandera cutre que usaba el Bloque para aprovecharse de las desgracias… sólo tenía de bonito el color dorado”.

Ante a incredulidade de toda a oposición, tivo que ser o deputado de AGE, Antón Sánchez, quen rompera o xeo ao respecto ao afirmar que “o único dorado que había daquela era o amigo de Feijoo”. A partires dese momento todo o debate no consistorio xirou entorno á colorida temática.

Segundo parece un defecto óptico podería ser o causante de que as persoas de ideoloxía liberal, ou de dereitas, apreciasen as cores da bandeira como brancas e douradas, podendo ser observadas tamén por algún membro do PSdeG-PSOE. Pola outra banda, os deputados de AGE, BNG e do Grupo Mixto apreciarían as cores como negra e azul.

Xa fóra do hemiciclo, Xosé Manuel Beiras non dubidou en afirmar que durante o desastre do Prestige, efectivamente, mentres todos vían negro o chapapote, algúns deputados do PP vían ouro. Claras alusións aos beneficios obtidos por cargos do Partido Popular coa venta de material para a recollida do crú.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.