Política

Martínez “el Facha” ficha por Ciudadanos


Volve á primeira liña, cargado do seu máis pronunciado fervor patriótico.

Martínez "el Facha" na portada dun dos seus libros.

Martínez “el Facha” na portada dun dos seus libros.

Despois da súa despedida no pasado mes de marzo despois de catro décadas de traballo en prol do fascismo e buscar mellor vida en Venezuela, Martínez “el Facha” volve con máis forza que nunca á primeira liña, e organízase politicamente nun dos que está a ser partido revelación dos últimos meses, Ciudadanos.

Martínez, azote do esquerdismo desde os anos da transición, volve un mes despois de marchar a Venezuela cos seus compañeiros “porque España está rota, y es preciso que alguien la pegue de nuevo” e engade que isto debe de facerse “con dos cojones!”.

Deste xeito Ciudadanos da outro golpe de efecto na precampaña de cara as próximas eleccións estatais de novembro de 2015, fichando a unha persoa “íntegra e de principios”, reafirmando así a liña ideolóxica da formación, máis se cabe despois do fichaxe fallido do policía Alfredo Perdiguero como candidato nas listas de C´s á Asemblea de Madrid.

“El Facha” pola súa parte móstrase contrariado porque algúns dos seus compañeiros quedaran repartidos por partidos como UPyD, España2000 ou o propio partido popular, pero asume que nalgún momento se atoparán no camiño, pois a unidade da dereita é imprescindíbel nos tempos de tibieza e falta de valores que, segundo el, se están a vivir

Preguntado recente problemática entre Venezuela e España e a raíz da súa recente estancia no país bolivariano, Martínez “el Facha” asegura que “alí no hay nada que hacer, es una dictadura. Un par de bombardeos y que muera el cuento”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.