O susto que levou o presidente do Banco Central Europeo será obxecto dun estudo
O mércores unha activista de Femen encaramouse á mesa onde Mario Draghi estaba a comparecer ante os medios e a reacción temerosa do Presidente do Banco Central Europeo ante o confetti e os papeis que deixou caer a activista vai ser obxecto dun estudo da Universidade de Santiago de Compostela.
Un grupo de psicólogos tratará de saber se o medo do presidente do BCE se debeu máis á moza ou ao confetti e así tratar de coñecer mellor como funciona a psique dun dos máximos dirixentes económicos mundiais. Deste xeito esperan saber se os máximos responsábeis da economía europea toman as súas decisión porque teñen animadversión pola xente ou polas mozas ou simplemente porque odian o confetti e iso lles provoca que propicien políticas que van contra a poboación.
O grupo encargado do estudo emitiu unha nota explicando os motivos que os levaran a emprendelo. Entre eles destaca que “á vista das imaxes a reacción de Dragui ao confetti é moito máis pronunciada que a reacción da súa poboación ás políticas de recortes”. Na nota tamén avanzan un estudo cruzado na que se plantexa estudar a posibilidade de que Draghi lance confetti mentres anuncia os recortes.