A formación de Albert Rivera preséntase en Galiza cun programa de continuidade.
Ciudadanos, o partido político emerxente que parece ser o único capaz de facerlle fronte a Podemos no estado español, inicia a súa aventura galega co aval do exalcalde da Coruña Paco Vázquez.
O partido de Rivera fixo así un chamamento “a cidadanía española residente na rexión de Galicia” a mobilizarse en favor do partido laranxa, para que “todo continúe igual” pero en mans de persoas distintas.
O secretario xeral da formación explicaba aos medios que a realidade sociopolítica galega é moi semellante a catalana, onde el daba os seus primeiros pasos na política e comezou a ser coñecido pola súa defensa do nacionalismo, neste caso español, e da unidade de España como ente indivisíbel.
“Galicia é unha rexión, como a catalana, claramente dependente do sistema español e que non precisa dunha emancipación como a que proclaman os nazi-onalistas cataláns”, e insiste en que “pola contra os galleguiños teñen dous dedos de fronte e non permitiron o auxe deste tipo de formacións que o único que buscan é destruír o que é de todos”.
Para Rivera, Galicia é, con pequenos cambios e matices, un exemplo a seguir, e aposta pola “continuidade dentro do cambio”. Ciudadanos chega así para ocupar un espacio político que o Partido Popular está perdendo nos últimos anos, tamén aquí.
En canto ao debate sobre o idioma, Rivera móstrase claro, non importa a lingua que se fale, sempre e cando todos falemos a mesma, o español.
É a fórmula coa que traballamos na Axencia. Respectamos os gobernos de calquera cor sempre que eles fagan o mesmo cos nosos intereses.