A nova liña de mobles eclesiásticos podería estar lista en xuño
Despois da presentación da restauración da igrexa da Virxe da Barca a multinacional sueca Ikea vai lanzar unha liña de mobles para igrexas para que se poida exportar o modelo utilizado en Muxía.

Conxunto eclesiástico de Ikea onde se pode observar a nova mesa Ältär e o conxunto de sillas Kätedrä
O nome da nova liña aínda está por decidir pero xa houbo filtracións internas que apuntan a que se inspirará na localidade galega onde está situado o santuario. Deste xeito apuntan a que a denominación podería ser Muxiä.
Pola súa banda, os veciños da localidade non están contentos coa restauración e moitos declaráronse en contra das liñas modernas escollidas polo arcebispado para a reforma do santuario. “Iso son moderneces que queren facer os curas para parecer máis chachiguais”, comenta un veciño.
Hipsters católicos aplauden a reforma e incluso apremian a que se vaia máis aló no deseño “Nos molaría mucho un nuevo tipo de iglesia tipo tienda Apple, toda blanquita y con la música bajada del iTunes. Sería como el cielo, pero mejor, porque es de Apple.”