Política

Pedro Sánchez trabúcase e di que é de esquerda


O lídero do PSOE volve a trabucarse publicamente despois de votar a favor da reforma do aborto presentada polo Partido Popular.

Non está a ser unha boa semana para Pedro Sánchez, se onte remataba o día trabucándose na votación do Congreso sobre a reforma do aborto presentada polo PP e na que o líder dos socialistas votaba a favor dela, hoxe unha nova metedura de pata pon ao descuberto a habilidade de Sánchez para cometer gambadas.

Nun acto de partido no distrito de Arganzuela, e acompañado do candidato a alcalde polo Concello de Madrid, Antonio Miguel Carmona, Sánchez afirmaba ser de esquerda, o que fixo sentirse algunhas gargalladas desde o público.

Persoas presentes no acto afirman que incluso se tería atrevido a falar de republicanismo e dos valores da II República, iso si desde unha postura claramente Felipista, “que ao igual que seu pai é moi campechano”.

O colofón do mitin de precampaña tería sido Carmona lanzándose a cantar o himno de Riego, aínda que segundo as persoas alí presentes, un tanto desafinado e/ou mamado.

Pedro Sánchez dándose conta dunha das súas múltiples cagadas.

Pedro Sánchez dándose conta dunha das súas múltiples cagadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.