Política

Un xeranio substituirá a Toni Cantó no seu escano


Fai o mesmo traballo e non di tantas burradas

O xeranio escollido para substituír a Toni Cantó levará os colores de UPyD

O xeranio escollido levará as cores de UPyD

O deputado de UPyD no Congreso, Toni Cantó, anunciou onte que renunciaba a súa acta e que non será o candidato de UPyD á Generalitat Valenciana. O anuncio foi feito nunha rolda de prensa convocada o martes e nela anunciou que continuaría na formación ata o congreso que vai ter a súa formación política no mes de xuño.

Fontes do partido de Rosa Díez apuntan a que o actor será subsituído por un xeranio xa que ‘hace más o menos el mismo trabajo y no dice tantas burradas’.

Toni Cantó non esconde as diferencias con Rosa Díez ata o punto que persoas achegadas a el din que a líder de UPyD está ‘como una regadera’.

Colaboradores de Rosa Díez apresuráronse a comentar as palabras contra a súa voceira dicindo que ‘si está como una regadera eso le va a gustar mucho más al geranio’.

Grupos de veganos xa amosaron a súa oposición a que unha planta ocupe un espazo no congreso dos deputados. ‘Que vai ser isto! Como defenda os dereitos das plantas imos fodidos’.

rosa diez toni canto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.