O PP aproveita a polémica do seu cartaz electoral para conseguir notoriedade
O comité provincial do Partido Popular en Ourense está encantado coa publicidade gratuíta que lle trouxo o seu cartaz electoral e continuará explotando a polémica para conseguir notoriedade para o seu candidato Jesús Vázquez.
Encamarcada nesta estratexia figura a contratación das Mamachichos que trunfaron, a finais dos anos oitenta, na cadea de Telecinco e incluso sopesan a fichaxe de Valerio Lazarov para facer os vídeos electorais.
A oposición e colectivos feministas cualificaron o cartaz de machista, sen embargo, dende o Partido Popular non ven mal esta polémica xerada e pretenden volteala ao seu favor, deste xeito, cando se lle pregunta pola utilización sexista das mulleres como reclamo publicitario, fontes próximas a campaña dos populares ourensán indican que “El Interviu vende sacando tías en bolas y en la contraportada del diario As siempre hay una maciza”.
Pola súa banda, Baltar anuncia que a Deputación de Ourense aprobará un código ‘tético’ para regular este tipo de situacións. “Nos carteis da Deputación poderemos ensinar algo de teta pero sen que se vexa o pezón que iso xa é pornografía e rífannos os curas”, apuntan fontes do gabinete provincial.