Política

Feijoo inaugura unha inauguración


A febre inauguradora do Partido Popular chega a extremos de que inaugurarán as inauguracións

feijoo inauguracion

Na placa pódese ler ‘Esta inauguración foi feita sendo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo’

Ao PP non lle saen as contas electorais e o seu comité de campaña lanzou unha campaña para parecer que o goberno fai cousas. Se nos pasados días podiamos ver a Feijoo e outros dirixentes do Partido Popular inaugurando as cousas máis variopintas coma un ascensor ou unha pedra de punto quilométrico agora o comité electoral popular considera que a actividade non é a suficiente e instou aos seus cargos a proceder a inaugurar as inauguracións.

‘Con esto pretendemos duplicar los actos. El día anterior inauguraremos el acto de inauguración y, al día siguiente, la conachada en cuestión’, explican fontes do comité de campaña dos populares galegos.’Si esto no es suficiente procederemos a inaugurar las invitaciones al evento de inauguración”, engaden.

O Consello da Xunta xa aprobou un crédito extraordinario para cintas, tesoiras e telas para cubrir cousas ao que habería que engadir a duplicación do crédito para placas inaugurativas ao figurar ao lado da placa inaugural outra placa na que figuren os persoeiros que inauguraron.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.