O ex-xogador deportivista mostraríase ilusionado en voltar ao primeiro equipo.
Son xa 10 anos os que pasaron desde que Francisco Javier González Pérez, máis coñecido como Fran, se retirase do fútbol profesional. Se ben é certo que nunca se desmarcou da disciplina deportivista, xa que segue xogando no equipo blanquiazul de fútbol indoor, a súa volta a Riazor cada vez parece máis próxima.
Despois da xeira de malos resultados do equipo coruñés, que remataron co destitución do seu técnico Víctor Fernández, a figura de Fran colle forza para adestrar ao Dépor neste último tramo da Liga e ante o peligro do descenso que axexa trala esquina deportivista.
Fran tería dado o visto bo á súa incorporación, e contaría ao seu lado para dirixir ao equipo, co traballo de seu irmán Xosé Ramón, en paro desde que deixou o Montañeros.
Por outra banda, o presidente, Tino Fernández, xa anunciou que somneterá a referendo entre os socios do clube a incorporación deste ou doutro adestrador, sendo Fran o que máis apoio social tería.