Investigadores da USC aseguran que é aúnica explicación plausible para explicar a súa continuidade. As últimas teses expostas por diferentes investigadores da USC asumen a posibilidade de que o xenoma vasco poda dividirse e crear novos individuos. Isto explica a non necesidade de aparearse, e as dificultades de conseguilo, dos homes en Euskalherría. Deste xeito…
Autor: TemposGalegos
A Fiscalía de Ourense soamente acusará aos Baltar cando se xubilen
Arquivaránse todas as actuacións da familia Baltar que sexan supostamente delictivas ata que o responsable das mesmas estea xubilado. A fiscalía anunciou o arquivo das dilixencias penais contra Manuel Baltar ao non apreciar delicto no caso da oferta de traballo na Deputación de Ourense a cambio de sexo. Para evitar que casos coma estes se…
Cristiano Ronaldo entra a formar parte de AGAL
O futbolista portugués interésase pola língua galega e o polo reintegracionismo. Todo apunta a que os discretos resultados que está a obter o seu clube, o Real Madrid, levan ao astro luso a buscar novas vías de escape e de futuro, desta volta e segundo infoman desde a dirección da propia AGAL, o futbolista pasaría…
Fifa16 introducirá os comentarios de Rajoy nos seus partidos
O videoxogo deportivo incluirá os comentarios futbolísticos do presidente en detrimento do ate agora habitual Manolo Lama. Segundo confirman desde a multinacional EA Sports, os comentarios de Mariano Rajoy poderán ser escollidos como narracións dos partidos que se disputen no xogo multiplataforma a partires do próximo mes de xaneiro. Polo avanzado na mañá de hoxe,…
Soraya tamén substituirá a Rajoy nas reunións da comunidade de veciños
O presidente do goberno utilizará á vicepresidenta para substituílo en todas as cousas que non lle apeteza facer o que a levará a atender todas as tarefas de Mariano Rajoy salvo a lectura do diario Marca. Fontes da Moncloa confirman que Soraya Sáenz de Santamaría será a doble oficial de Mariano Rajoy e asumirá moitas…
Google sacará un goberno que se conduza sen presidente
A multinacional de Silicon Valley abrirá o seu mercado ao campo da politoloxía. Despois de presentar o seu coche autónomo en Galiza, Google anuncia desde o seu centro neurálxico as novidades que cambiarán o mundo nos próximos anos. Entre elas aparece unha dedicada íntegramente aos galegos e galegas, un goberno que se conduza sen presidente. Segundo os…
García Albiol: ‘El multiculturalismo va a llegaaarrrr’
O líder do Partido Popular en Cataluña toleou nun programa de televisión e emulou a Fernando Arrabal durante un debate sobre os atentados de París. Albiol comezou o programa con un ‘¡Hablemos del multiculturalismo! ¡Cojones, ya! Estamos hablando del apocalipsis. Hablemos del multiculturalismo’, exclamou mentres batía repetidamente coa súa man sobre a mesa de debate….
Un Antón Sánchez do futuro revela os resultados das xerais
O deputado de AGE trae tamén consigo un bote de Neutrex. O deputado pola provincia da Coruña de AGE, Antón Sánchez, apareceu desde o futuro para dar unha rolda de prensa coa candidatura de EnMarea. Así o vicevoceiro do grupo parlamentar, claramente desmellorado, explicou moi por riba o futuro que nos agarda nos vindeiros 4 anos….
Atribúen a paternidade de 150 bebés a un baño público
As nais teríanse sentado directamente na taza o que propiciou o embarazo. Acaba de saltar o escándalo na cidade da Coruña ao serlle atribuída a paternidade de 150 nenos e nenas aos baños públicos dun coñecido centro comercial. As probas realizadas indican que as nais teríanse sentado directamente na taza do inodoro o que provocaría…
O arcebispo de Valencia dirixirá unha cruzada contra os rebeldes de Star Wars.
Agasallará mulleres virxes aos mortos en combate. Antonio Cañizares, arcebispo de Valencia, levará a cabo unha exhaustiva investigación para identificar aos membros do Exército Rebelde “trátase de eliminar a todo aquel que non sexa trigo limpo”. Preguntado polo feito de que Pablo Iglesias non asinase o pacto antiterrorista, Cañizares dixo que non é momento para…
Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións
A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro. A boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os…
Cerna anuncia que votará por EnMarea na provincia da Coruña.
A posibilidade da marcha a Madrid de Yolanda Díaz abre a porta para que a escisión de Anova amplíe o seu número de deputadas. Así o anunciaban no día de onte membros da formación nacionalista escindida de Anova, que á súa vez se escindirá do BNG. Tras os convulsos últimos meses de decantanción de formacións…
