Tres individuos procedentes de Oriente Medio planean entrar nos domicilios galegos

Unha banda capitaneada por tres persoas, con barba e turbante, acompañados dun número sen especificar de axudantes tratarán de entrar nas casas galegas hoxe pola noite. Rumores fundados indican que están emparentados coas monarquías de oriente medio o que fixo saltar as alarmas antiterroristas. Segundo parece antes de proceder a entrar nas casas procederán a repartir…

A Mas atragántaselle a cup

Despois da comida do domingo, ao President en función foille a cup de café con leite por onde non era. Desde fontes próximas a Artur Mas aseguran que o café que estaba a tomar causoulle un atragantamento ao ler en twitter chíos sobre a noticia do non apoio da organización anticapitalista CUP. O café con…

O artigo de Paco Rodríguez no Terra e Tempo era unha inocentada

A UPG acaba de emitir un comunicado no que din que o polémico artigo ‘era broma’. A Unión do Pobo Galego, partido maioritario do BNG, remitiu a prensa unha comunicación no que explicaba que o artigo publicado polo seu exsecretario Francisco Rodríguez era unha, en realidade, unha broma do día 28 de decembro. ‘Foi unha…

A ausencia dun militante das CUP colapsa Catalunya

Empate perfecto na terceira e última votación da Asemblea Nacional convocada pola CUP, e na que se decidía se se apoiaba ou non unha investidura de Artur Mas como presidente da Generalitat. A votación na que se decidía o futuro de Artur Mas como president,empatou a 1.515 votos na terceira e definitiva votación da asemblea…

Aznar manda a Rajoy ao rincón de pensar

Ao peche desta edición, Rajoy aínda non o tería atopado. O expresidente do goberno, José María Aznar, chegou forte a Génova na pasada tarde. Pasadas as 17h horas o presidente das FAES entraba na sede madrileña do PP para acudir ao Comité Executivo Nacional do PP porque, segundo el mesmo, “porque yo lo valgo”. Aznar que tería…

Feijoo encarga un palé de Fortasec

O descalabro do Partido Popular nas eleccións ás cortes españolas precipita o pedido urxente de cantidades inxents Fortasec para o presidente da Xunta.  O irrupción de En Marea no panorama galego está a provocar moitos problemas do PP de Galicia. Moitos asesores e cargos do partido foron atopados correndo en círculo coas mans na cabeza nas sedes…

A OMS alerta de que o vídeo de EnMarea pode provocar cancro

“Vai subir a mareaaaa” e segundo a OMS vaiche traer cancro. Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirmaron hoxe que escoitar a canción de campaña de EnMarea podería causar cancro de colon, ollos e oído, mentres que explican que tamén existen investigacións que determinan que tarareala pola rúa podería supor un grave risco de…

Comproban experimentalmente que Rajoy ten a cara moi dura

A terrible agresión sufrida polo presidente do goberno constata empíricamente un feito sobre o que existían sospeitas fundadas. O presidente Mariano Rajoy sufriu na tarde do mércores unha agresión na Praza da Peregrina da cidade de Pontevedra. Un mozo de 17 anos achegouse ao presidente e propinoulle un golpe que tería tumbado un becerro de tamaño medio….

Rajoy e Pedro Sánchez ensaian o debate de ‘cuñaos’ de noiteboa

Nun debate, retransmitido por TV, Rajoy e Sánchez discreparon de infinidade de temas desde posicións da altura de barra de bar. Pedro Sánchez e Rajoy, no día de onte emplazados nos salóns e comedores dos españois que dispoñen de televisión, debatiron de diversas temáticas, desde “Os langostinos á plancha ou cocidos” a “abrimos outra botella ou non?…

O alcalde de Ferrol levará a bañeira aos mitins

Jorge Suárez afirma sentirse máis cómodo dentro dela para falar en público. O alcalde de Ferrol, un dos alcaldes “do cambio” confirmou está mañá en rolda de prensa que levará canda si unha bañeira a todos os mitins e actos públicos, xa sexan propios da Alcaldía de Ferrol, da propia organización Ferrol en Común, ou…

Constátase que Besteiro é un cantante

En contra do que puidese parecer non foi por ningunha actuación política do PSOE. A tibieza do líder do partido socialista en Galicia co caso Manuel Martínez, o cuasitránsfuga da Deputación de Lugo e as actuacións agarrándose ao posto despois da súa imputación xudicial propiciaron que, dende a oposición, fora cualificado de ‘cantante’. Tal feito…