O “Sentador de nais” non queda exento de polémica

Colectivos de homes, moi homes, opóñense ao “invento contranatura”. O invento lanzado pola páxina feminista ‘Locas del coño’ o pasado sábado na súa canle de Youtube e  que conta xa con máis de 300.000 visitas arrastra tantas partidarias como detractores. O sentador de nais trátase dun regalo dirixido ás matriarcas das familias nunha data moi…

Un galego de Esteiro remata con éxito o descenso do Everest en carrilana

“O carallo foi subir a carrilana ata o cumio, baixar foi doado”, declarou. Antonio R.V. converteuse no primeira persoa do mundo en completar un descenso do Everest en carrilana. A súa historia comezou tomando unhas tazas no bar onde os colegas desafiárono a facer unha baixada de Pena Trevinca en carrilana. Antonio, home curtido do…

A policía detén a raíña Letizia tras queimar a Felipe VI cun cigarro

A casa real emitiu un comunicado para indicar que a raíña Letizia non fuma pero que, nese momento, atopábase sostendo un cigarro a unha amiga. A Casa Real trata de quitarlle ferro ao incidente no que resultou detida Letizia por queimar cun cigarro a Felipe VI. O incidente foi observado por un compoñente da garda…

Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña

“Nen bancos sen coruños, nen Coruña sen bancos” titularase a iniciativa. O rexedor de Vigo, Abel Caballero, mostrou onte a súa consternación pola falta de mobiliario urbanístico nas calles da Coruña. Indicou que a carencia de bancos é o principal indicador de depresión e agorafobia. En palabras do propio alcalde: “Os pobres coruños non só…

Detido por yihadista un galego que gritou ‘Alá foi!’ no metro de Madrid

Xosé Seoane Berzas, máis coñecido como O Kale polos seus amigos hipsters, foi detido por intento de atentado terrorista a pasada tarde. A policia tívoo detido ata escoitar a súa declaración do acontecido e deixalo en liberdade. O galego, nun evidente estado de confusión, tratou de explicar como sucederan os feitos. Eu só lle dixen…

Celébrase a primeira matanza vegana

Un grupo de veganos emula a tradición galega e celebra a primeira matanza vegana en Galiza. É tradición no noso país celebrar a matanza do porco a partir do 11 de novembro, data do San Martiño, patrono de Ourense e protagonista do dito popular ‘A todo porco chégalle o seu San Martiño’. Desexosos de celebrar…

Os Simpson en Trives

Dado o interese de Matt Groening por Trives, a produtora estadounidense Fox confirma que no mes de febreiro de 2017 coincidindo co Entroido, gravarase un capitulo da serie “Los Simpson” polas terras de Trives. Búscanse preferentemente figurantes amarelos con soamente catro dedos en cada man. A produtora informa de que agardan unha gran afluencia de…

A Xunta planea instalar cabinas de telepeaxe para peregrinos nos Camiños de Santiago

As cabinas de telepeaxe no Camiño de Santiago cada vez máis preto. O “ruxe ruxe “semella confirmarse.  Un documento confidencial da Consellería de Cultura ao que tivo acceso “TemposGalegos”  (denominado “Estratexia de optimización de ingresos Xacobeo 2021) contempla, entre outras medidas,  a futura instalación de cabinas de telepeaxe para os peregrinos na totalidade dos Camiños…

Os presentadores do Telexornal limitarase a ler La Voz de Galicia en alto

A CRTVG despedirá a toda a equipa de redacción por considerala innecesaria e pasarán a ler en alto La Voz de Galicia durante a emisión dos distintos telexornais. A Xunta de Galicia asinará un novo convenio co grupo de comunicación coruñés para que os informativos da TVG pasen a ser a versión audiovisual da versión…