Actualidade

O “Sentador de nais” non queda exento de polémica


Colectivos de homes, moi homes, opóñense ao “invento contranatura”.

aaa

O invento lanzado pola páxina feminista ‘Locas del coño’ o pasado sábado na súa canle de Youtube e  que conta xa con máis de 300.000 visitas arrastra tantas partidarias como detractores. O sentador de nais trátase dun regalo dirixido ás matriarcas das familias nunha data moi concreta: a cea de nadal.

O mecanismo é sinxelo, un cinto de última xeración que mantén ás nais sentadas na cadeira, no lugar de estaren a erguerse continuamente para servir os infinitos pratos das súas respectivas ceas. O aparello conta con diferentes modelos para que podan ir conxuntadas mentres se encaran ao heteropatriarcado nestas datas tan sinaladas, pretendendo ser o primeiro chanzo da revolución feminista deste século.

O mecanismo promete revolucionar o mercado e as mentes, contando ademáis cunha dobre función, xa que non só é quen de permitir que as nais podan estar sentadas durante a cea mentres disfrutan da mesma, senón que tamén axuda aos homes a facer unha introspreción e redescubrir a de cousas que poden facer coas mans, máis aló de rascarse as súas partes. Os homes poderán este nadal realizar tarefas tan exóticas como pechar a porta do forno ou por o lavalouzas.

Porén, a pesares da enorme aceptación que esta tendo o producto, non todo o mundo está conforme co mesmo. Desde o foro de Ciudadanos, Forocoches, lidérase a maior oposición á liberación da muller nestas festas, xa que tras invocar a Roto2 pretenden recoller sinaturas, acudir o consello de Europa para que vele polos seus dereitos heteropatriarcais e, en definitiva, agrupar esforzos nunha intensa campaña social a prol do lecer masculino. Argumentan así que se as nais deixan de preocuparse polas ceas de nadal, e en xeral polo conxunto do serivicio doméstico, estás podería chegar a extinguirse, tal como sucedeu cos touros en Catalunya despois da prohibición das touradas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.