Sucesos

Detido por yihadista un galego que gritou ‘Alá foi!’ no metro de Madrid


Xosé Seoane Berzas, máis coñecido como O Kale polos seus amigos hipsters, foi detido por intento de atentado terrorista a pasada tarde. A policia tívoo detido ata escoitar a súa declaración do acontecido e deixalo en liberdade.

O galego, nun evidente estado de confusión, tratou de explicar como sucederan os feitos. Eu só lle dixen a un colega Alá foi! cando lle rompeu a bolsa que contiña a compra e xa a xente comezou a berrar e correr, declarou momentos despois de saír do calabozo. Tiña boa razón miña avoa co de afeitarme, rematou así a declaración do Kale ante os medios.

O xefe de policia comentou a perigosidade de falar algunha lingua distinta á lingua común dos madrileños. Pediu tamén, si es posible, que se fale co carraspeo característico dog madrileñog, o tamén chamado castelán neutro.

Moitas testemuñas dixeron que pensaban que estaban cantando cando escoitaban falar antes do caos, pero ao escoitar o que eles creron que era Allahu àkbar! deixou de parecerlles tan gracioso e comenzaron a estampida.

Todos os feridos están fóra de perigo, con mazaduras e algún golpe sen importancia relevante. Unha galega, residente en Madrid dende fai algún tempo e afectada pola marabunta, deixounos a seguinte declaración: ¿Es que a quién se le ocurre? ¡Cona que los parió!

Xosé Seoane Berzas confesounos que non volvería a deixar barba e moito menos a falar galego na Capital do Estado para evitar posibles conflictos.

Artigo enviado por Noel Alive:  Facebook, Twitter

Advertisements

19 thoughts on “Detido por yihadista un galego que gritou ‘Alá foi!’ no metro de Madrid

  1. Que puedo decir de un pueblo monolingüe que no se enteran de los bilingües o trilingües.Nacionalismo del mas rancio,son la reserva espiritual del reino.Mucho cuidado de como te expresas en la capital del reino.

  2. Si sois tan idiotas de no entender una lengua como él gallego. Nosotros no tenemos la culpa de que deaid idiotas al pedirnos que no hablemos nuestra lengua materna fuera de casa, que es cuando mas morriña tenemos…señores metanse en sus conversaciones sea una bomba o un tsunami todos vamos a morrer.
    ALÁ FOI!!! A FALAR MAIS GALEGO CATETOS DE CIUDAD…IGNORANTES DEL MUNDO

    • MarindanGa
      Soy gallega emigrante y de familia de aldea . Ni tan siquiera naci en Galiza . Eso es lo de menos porque está tierra desde que tengo uso de razón la llevo en las venas.
      Pero tampoco me gusta la gente radical.
      Vivo en Catalunya desde los dos años y ahora estoy sufriendo estos brotes y estoy en absoluto desacuerdo.
      Se puede hablar con más respeto en todo. Si pudiera escribirte en galego lo haría. Pero en casa solo falabamos o galego da aldea .
      Unha forte aperta
      Manuela da Carabeleira

    • Pois agardo non xulguen os Galegos coma ti o fas cos outros, porque dirán que fáltanos unha fervedura. A noticia é FALSA

  3. Vaia bulo. Faríame rir se non fose porque é para fomentalo odio, coma se lee nos comentarios en castelán precedentes. Moi triste.

  4. Eu tomeino coma o que é, unha retranca sin màis,a conta dela esgargallamos co riso e rimos de quen rie da nosa fala, os que din que é a fala das verzas e das vacas

  5. Como dixo o gran mestre Tojeiro cando saia dun puticlub en metade dunha redada:
    -Eu nin por Ali nin por Ala, Eu polas escaleiras😂

    Fdo.Conde Nado Odenwald.

  6. Son Galego, pero tAmen ahí que entender despois do pasado por esta Ciudad en los atentados su miedo sin más sorna( graciñas)

  7. ¿elogo por qué carallo non podemos falar o noso idioma se estamos na capital? Estamos en España e suponse que temos liberdade de expresión!! ¿por que pode entrar no noso pais un extranxeiro e falar na sua lingua e nos non? A min isto pareceme unha autentica falta de respecto hacia todos os galegos, ¿que pasa? ¿somos os bichos raros deste país ou que? Cada dia isto dame mais asco!! Por todo o que loitaron os nosos antepasados para poder ter uns dereitos, nos estamolo botando a perdeer…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s