“O carallo foi subir a carrilana ata o cumio, baixar foi doado”, declarou.
Antonio R.V. converteuse no primeira persoa do mundo en completar un descenso do Everest en carrilana. A súa historia comezou tomando unhas tazas no bar onde os colegas desafiárono a facer unha baixada de Pena Trevinca en carrilana.
Antonio, home curtido do país, dixo que de facer as cousas non se poden facer a medias e anunciou que ía baixar o Everest, promesa que cumpriu este pasado domingo.
Nun primeiro momento Antonio ía contar co patrocinio de Red Bull pero rexeitouno despois de probalo. “Non vou anunciar unha porquería que sabe a medicina… que despois a xente vai pensar que bebo a merda esa!”, declarou. Desta forma optou por anunciar o licor café caseiro dunha tía súa de Baños de Molgas que apoiou a expedición que se desprazou ata o Everest con botellas de balde para todos. “O LK da Manuela, iso sí que da alas”, comentan.