Miguel Tellado, voceiro do PPdeG explicou á prensa á subida de soldo de Feijóo e os seus conselleiros.

Feijóo revisa o seu novo contrato antes de asinalo.
A subida de soldo dos membros do goberno da Xunta de Galiza, ten segundo o voceiro do PP de Galicia, unha explicación razoábel e cuantificábel. A entrada no Parlamento de Galiza de máis “perroflautas” dos que ate agora había fai que o clima no hemciclo se faga insoportábel por momentos, polo que o executivo tivo que aumentar as súas percepcións económicas en función do número de esquerdallos que neste momento hai na cámara.
O practicamente mantemento contra pronóstico de actas do BNG, e a subida de EnMarea que pasa de 7 deputadas coas que rematou AGE a pasada lexislatura ás 14 actuais, é a causa fundamental da subida de soldo de Feijóo.
De feito observamos que Feijóo e os seus conselleiros se incrementa o salario nun 7%, exactamente o equivalente ao 1% por perroflauta a maiores, cifras que fixa o convenio laboral do PartidoPopular.
Desde CCOO, sindicato maioritario dentro do partido afirman que esta subida salarial responde ao sentimento maioritario de noxo cara o perroflautismo dentro do PP, e aseguran que esta subida “cumple cos acordos acadados entre sindicatos e partido popular dentro do marco do seu convenio laboral”.