Sucesos

A policía detén a raíña Letizia tras queimar a Felipe VI cun cigarro


A casa real emitiu un comunicado para indicar que a raíña Letizia non fuma pero que, nese momento, atopábase sostendo un cigarro a unha amiga.

letizia-tabacoA Casa Real trata de quitarlle ferro ao incidente no que resultou detida Letizia por queimar cun cigarro a Felipe VI. O incidente foi observado por un compoñente da garda real que deu parte á Audiencia Nacional que procedeu a ditar a orde de detención. Tras unha breve declaración a raíña quedou libre e sen medidas xudicais e, segundo informan dende a casa real, xa está na casa.

Voceiros da Policía Nacional declararon que “No sé que parte de que no se queme la imagen del Rey no entienden. Parece de las CUP…”

O goberno xa se puxo en contacto co fiscal xeral do estado para que, como ven sendo habitual nestes novos tempos, en vez de acusar asuma a defensa da raíña.

Fontes próximas á fiscalía apuntan a este medio que o tema non é grave. “Si escribiera un tweet, quemara un papel ou hiciera una función con títeres estaría jodida pero por suerte no estamos en ninguno de esos supuestos”. Indican tamén que xa teñen definida a estratexia de defensa: “Quemar fotos del monarca es delito pero de quemar al rey la ley no dice nada” co que esperan que o caso quede sobreseído en breve.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.