Nas próximas eleccións catalás votará toda España

“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos…

A policía supervisará que a xente vote ben en Catalunya

Un destacamento enviado polo ministerio de Interior velará polo correcto funcionamento da xornada electoral. As eleccións catalás que se desenvolven no día de hoxe contarán coa presenza de máis de 10.000 policías que, comandados polo ministerio de Interior traballaran durante todo o día para que todas as persoas que voten o fagan ben. Ante a…

Descubren un programa de televisión oculto entre os anuncios de colonias

Un grupo de espectadores masocas acaba de anunciar nas redes sociais o descubrimento dun programa de televisión oculto entre os anuncios de colonias. Ninguén se podía imaxinar tal descubrimento pero segundo anunciaron nas redes sociais un grupo de espectadores un novo programa foi descuberto despois de ver un bloque de anuncios de oito horas. O…

WhatsApp estuda se eliminar un emoji ante as críticas de fascista

A app de mensaxería recibiu no último ano máis de 100.000 ao respecto. WhatsApp, a aplicación de mensaxería líder en España e con gran implantación no resto do mundo acaba fe confirmar que se atopa estudando a posibilidade de retirar un dos emojis do seu código. Trataríase da muller/home co brazo en alto, que nos…

Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el

Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’. Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución. Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño…

Fan a matanza léndolle ao porco artigos de Eduardo Inda

Segundo trascendeu no día de onte, unha familia do concello ourensán de Beade realizou durante a ponte a matanza. Ata aquí todo resultaría normal se non fora porque un asistente publicou nas redes sociais que se lle deu morte ao animal léndolle artigos de Eduardo Inda publicados en OK Diario e tamén de Blanco Valdés…

BurgerKing busca científicos do CERN para que repartan hamburguesas

A compañía americana aposta polos traballadores cualificados na súa última oferta de traballo. BurgerKing lanzou este luns as características que buscarán a partir de agora nas persoas que queiran traballar como repartidores na cadea de hamburgueserías. O xigante das hamburguesas busca un perfil cualificado e con estudos superiores, preferiblemente en enxeñaría, física ou matemáticas e…

Presentada oficialmente a papeleta para o referendo jallejo auto independente

A organización nacional DEPENDE (Dabate Electoral Pola Enquisa Normativa á Democrática Española) ven de anunciar a presentación dunha campaña por toda Galiza, norte de Portugal, Ribadeo e parte de Zamora a prol do dereito a decidir libremente. Esta plataforma con sede no Couto Mixto defende que xa levamos 40 anos de democracia participativa. Xa existe…

Donald Trump recoñece Madrid como capital de México

Seguindo a escalada provocada polo recoñecemento de Jerusalem como capital de Israel, o presidente estadounidense recoñece Madrid como capital de México. A noticia colleu por sorpresa aos partidos políticos inmersos na campaña catalana. Así, o Partido Popular anunciou que xa que Madrid foi arrebatada polos Estados Unidos, Cataluña pasa a ser “la única España”. Pola…

Caballero manda chover

Ante a inoperatividade da Xunta na xestión da seca que afecta a Vigo o alcalde toma cartas no asunto. No seu programa matutino “Aló Caballero”, o alcalde da cidade olívica carga unha vez máis contra a Xunta pola falta de resposta para paliar os problemas orixinados pola seca. O alcalde promételle á poboación viguesa “chegar…

Cataláns confusos non saben se facer a ponte da Constitución

Unha alta porcentaxe da sociedade catalá non ten claro a día de hoxe que facer laboralmente nestes días festivos no resto do Estado. A festividade da Constitución causa unha fenda no seo da sociedade catalá, xa que son moitas das persoas que non saben como actuar e se acudir ou non aos seus postos de…