Política

Baltar molesto porque a Marea Atlántica poda ter máis conserxes ca el


Informacións recollidas na prensa escrita poderían estar falando do ‘sorpasso’.

Baltar está enoxado, alguén ameaza o seu trono de ferro, o seu récord Guinness, o número de porteiros da súa macroinstitución provincial poderíase ver sobardado polos traballadores públicos doutra institución.

Segundo se fan eco algúns xornais galegos, a Marea Atlántica, partido que goberna con puño de ferro a cidade da Coruña está a darlle alcance no fito que marcaba a deputación ourensá en canto a número de conserxes contratados.

Tal e como afirman fontes xornalísticas, o concello herculino xa estaría asinando novos traballadores máis alá do número 80 das listas de contratación o que situaría ao ente municipal a menos de 100 traballadores dos que agora mesmo traballan en Baltaria.

Tras consultar coa Deputación de Ourense, desde esta aseguran que o seu récord non se atopa en perigo, e se dado o caso así o fora, o PP de Ourense ten a capacidade e a dispoñibilidade de hordas humanas que poderían chegar a cubrir o dobre de postos dos que agora mesmo están a funcionar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.