Sucesos

Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano


A plantilla dunha empresa de servizos informáticos con sede na cidade de Lugo ven de anunciar que estarán de folga indefinida tras o anuncio do xefe de que este ano a tradicional cea de nadal celebraríase nun restaurante vegano.

Segundo puido saber este medio a cea, como ven sendo habitual nos últimos tempos, ía ser pagada a escote polos traballadores e iso facilitou o motín que derivou na convocatoria de folga. Postos en contacto ca empresa, un responsable da mesma, respóndenos que “Somos una empresa de informática. Moderna. Tenemos que dar una imagen progre y nada mejor que hacernos vegetarianos para eso”, indican.

Os traballadores, a maioría falsos autónomos, menores de 30 anos con un contrato de servizos de 10 horas polas que cobran 400 euros ao mes, indican que “se o xefe quere ir de progre que faga un contrato de traballo, iso nestes momentos é revolucionario”.

A empresa restoulle importancia á folga “con el nivel de rotación de personal que tenemos la mayoría acabarán contrato antes de la cena, incluso durante. Cuando terminemos de cenar seguramente la plantilla ya no sea la misma”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.