Un grupo de espectadores masocas acaba de anunciar nas redes sociais o descubrimento dun programa de televisión oculto entre os anuncios de colonias.
Ninguén se podía imaxinar tal descubrimento pero segundo anunciaron nas redes sociais un grupo de espectadores un novo programa foi descuberto despois de ver un bloque de anuncios de oito horas.
O achádego non estivo exento de problemas. Segundo relataron tiveron que turnarse entre 20 persoas para poder facelo e, aínda así, a metade delas presentan problemas físicos e psicolóxicos.
Unha delas está en estado crítico ao entrar en shock tras visionar tres anuncios de perfume e tratar de buscarlles sentido. Segundo relatan os seus compañeiros tivo que ser atendido por un brote de ansiedade e por epilepsia provocada polos flashes luminosos da propaganda.
Outras tres persoas tiveron que ser atendidas en urxencias tras amosar os mesmos síntomas que producen as substancias psicotrópicas.
Unha vez superada a suposta proeza anunciaron que o programa detectado durou dous minutos momento no que foi interrumpido pola cadea despois dunha cortinilla de “en ocho horas volvemos”.